martes, 22 de marzo de 2016

Curso de fruticultura na época de sembra para os ususarios e usuarias de Andaina PSM



22 marzo 2016 Chega o tempo da sembra e os usuarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental xa está a preparar o terreo nas instalación situadas no seu centro no concello de Dodro. Un labor que coincide co curso de fruticultura que se está a impartir, e que conta co financiamento da Consellería de Política Social. Aférrimos defensores da agricultura ecolóxica, esta é a máxima que rexe este traballo que, xa dende fai anos, realiza a gran familia de Andaina.


Carne ao forno con queixo e biscoito de sobremesa
para Andaina PSM


22 marzo 2016 Andaina Pro Saúde Mental organizou unha nova sesión de cociña nas instalacións da casa da cultura de Ordes. Nesta ocasión os asistentes aprenderon a elaborar unha suculenta carne ao forno con salsa de queixo da que deron boa conta ao final da mañá. Algo que tamén ocorreu co biscoito de plátano, unha das receitas que máis lles gustaron aos usuarios e usuarias que dende hai meses participan desta iniciativa que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

viernes, 12 de febrero de 2016

Andaina Pro Saúde Mental celebra o Entroido















12 febreiro 2016 Andaina Pro Saúde Mental nunca deixa pasar por alto unha festa tan colorista, divertida e creativa como é o Entroido. Reunidos todas e todos na sede de Dodro organizamos unha festa de disfraces na que cada un confeccionou a súa propia fantasía. Hippies, fadas, pallasos, homes de metal, elfos, lobos e demais pasámolo en grande con xogos, bailes e moitas máis sorpresas e animacións coas que escachamos de risa!

sábado, 6 de febrero de 2016

Preparando ourellas e filloas polo Entroido 2016 
no concello de Ordes (casa da cultura)

video
 
Andaina PSM continúa coas súas clases de cociña, arteterapia, horticultura, teatro etc nos seus centros de Dodro e Ordes.

Vén, apúntate e pasa un moi bo rato con nós!!












Andaina Pro Saúde Mental inaugura a súa primeira exposición de pintura no concello de Valga


6 febreiro 2016 O auditorio municipal de Valga acolle ata finais de mes a mostra de pintura da asociación Asociación Andaina Pro Saúde Mental. En total son preto de medio cento de obras de distintas temáticas e realizadas con distintas técnicas, predominando o óleo, que se poderán contemplar sin coste algún de luns a venres de 9.30 a 13.30 e de 16 a 20 horas. Todas as pezas forman parte da colección realizada polos usuarios e usuarias de Andaina PSM nos obradoiros e sesións de arteterapia. 
 
Á inauguración celebrada onte acudiron moitos dos integrantes, usuarios, monitores e familiares de todas e todos eles. Unha xuntanza na que compartiron impresións, botaron contos e degustaron sidra ecolóxina da realizada por Andaina PSM.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Andaina PSM conmemora o Día Internacional da Discapacidade coa comunidade educativa de Ordes
  
 
 


A casa da cultura acolleu a preto detrescentas persoas que acudiron para ver a representación teatral de 'Romeo e Xulieta' a cargo dos nosos usuarios e usuarias
3 decembro 2015. O Concello de Ordes celebrou o Día Internacional da Discapacidade con teatro e rodeado dos alumnas e alumnas dos institutos Número 1 e Maruxa Mallo.  
     Todas e todos eles encheron o auditorio da casa da cultura deixándoo pequeno co fin de desfrutar da representación teatral de ‘Romeo e Xulieta’. Unha adaptación do dramaturgo e actor Francisco Rey, da que tamén desfrutaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que acudiu acompañado das concelleiras Ana Soneira e Susana García, esta última responsable da área de Diversidade Funcional. 
     Unha cita que se desenvolveu paralelamente á actividade informativa e de concienciación que a asociación está a desenvolver nos institutos do municipio, a través de charlas e encontros nos que se lles achega aos estudantes a realidade das persoas que padecen algún tipo de enfermidade mental. 
Curso de habilidades sociais 
Por outra banda tamén destacou o traballo dos mozos e mozas do curso de habilidades sociais que se desenvolve no Mesón do Vento, que se encargaron de realizar o escenario da representación teatral, así como os agasallos conmemorativos que se lles entregaron aos representantes institucionais e aos centros académicos do municipio.
      Tal e como se informou na apertura do acto no Concello de Ordes (13.000 habitantes) rexistráronse 130 persoas con esquizofrenia e 65 casos de trastornos bipolares. Ademais estipúlase que un total de 3.250 persoas padecerán algún tipo de trastorno mental ao longo da súa vida. Se extrapolamos estas cifras á Mancomunidade de Ordes (39.000 habitantes) habería que falar de 390 casos de esquizofrenia, 195 bipolaridades e 9.750 persoas con algún trastorno ao longo da súa vida.