sábado, 30 de mayo de 2015

Reportaxe realizado polo programa A Revista (TVG) sobre a nosa asociación Andaina Pro Saúde Mental
http://bit.ly/1dDrPK6

lunes, 18 de mayo de 2015



Arte e natureza, dúas maneiras de desfrutar da vida en Andaina Pro Saúde Mental






18 maio 2015 Andaina Pro Saúde Mental non para de organizar excursións, visitas e actividades para desfrutalas conxuntamente por todos os seus usuarios, usuarias e demais membros da asociación. Entre as últimas están a visita que recentemente se fixo ao Museo de Belas Artes da Coruña. Alí desfrutaron da exposición ‘El primer Picasso: A Coruña’, onde se expoñen as primeiras obras realizadas polo gran xenio durante a súa estancia na cidade, ao longo dos seus anos de mozo. 
O contacto directo coa natureza é outra das preferencias en Andaina Pro Saúde Mental. Por iso decidiuse desfrutar dunha tarde de campo, paseando polos montes, camiños e áreas silvestres da zona de Dodro.
Sen dúbida dúas boas maneiras de aproveitar unha xornada lúdica a través da arte, da boa compañía e da natureza.

jueves, 7 de mayo de 2015

ANDAINA NA APERTURA DE TODO SAÚDE
 
Andaina  Pro  Saúde  Mental  asistirá  ao  acto  inagural  da  CLÍNICA INTEGRAL:  TODO  SAÚDE  que se  celebrará  este  venres  8 de  maio  ás  18  horas  no  centro que  a Clínica  ten  en Rúa  do Campo,  19 baixo-  Sigüeiro- Oroso.
 A  poboación de  Oroso  e  contorna  poderá  beneficiarse  dos   servizos  varios  que ofrece  a  Clínica  Integral:  psicoloxía,  podoloxía,  dermatoloxía,  fisioterapia,  xinecoloxía,  pediatría, etc.
Unha  das  fundadoras  da  Clínica  Integral  Todo Saúde,  a  psicóloga  Sandra  Fernández  Román,  colaborou con Andaina  Pro Saúde  Mental    como voluntaria  e  desenvolvendo  programas  de  igualdade  e  infanto-xuvenil.

lunes, 4 de mayo de 2015

Entrevista Omaira Tuirán e Yordani en O Sombreiro de Merlín (Radio Obradoiro, maio 2015)

Entrevista Omaira Tuirán e Yordani 

O Sombreiro de Merlín (Radio Obradoiro, maio 2015)