lunes, 18 de mayo de 2015



Arte e natureza, dúas maneiras de desfrutar da vida en Andaina Pro Saúde Mental






18 maio 2015 Andaina Pro Saúde Mental non para de organizar excursións, visitas e actividades para desfrutalas conxuntamente por todos os seus usuarios, usuarias e demais membros da asociación. Entre as últimas están a visita que recentemente se fixo ao Museo de Belas Artes da Coruña. Alí desfrutaron da exposición ‘El primer Picasso: A Coruña’, onde se expoñen as primeiras obras realizadas polo gran xenio durante a súa estancia na cidade, ao longo dos seus anos de mozo. 
O contacto directo coa natureza é outra das preferencias en Andaina Pro Saúde Mental. Por iso decidiuse desfrutar dunha tarde de campo, paseando polos montes, camiños e áreas silvestres da zona de Dodro.
Sen dúbida dúas boas maneiras de aproveitar unha xornada lúdica a través da arte, da boa compañía e da natureza.

No hay comentarios: