sábado, 11 de julio de 2015



Andaina Pro Saúde Mental coida do medio ambiente fomentando o cultivo ecolóxico

11 xullo 2015  Andaina Pro Saúde Mental ten un claro compromiso co medio ambiente e coa preservación da natureza. En base a esta filosofía periodicamente realízanse cursos de agricultura ecolóxica nos que, ademais de adquirir coñecementos teóricos poñemos en práctica o aprendido cultivando as hortas situadas na zona da Paxareira, no concello de Dodro. Un bo xeito para traballar e emprender proxectos en equipo, á par que se converte nunha excelente terapia ao propiciar un contacto directo coa natureza, as plantas e a terra.



Divertida xornada pasada por auga no parque acuático de Cerceda


11 xullo 2015 Coa chegada do verán a gran familia de Andaina Pro Saúde Mental aproveita o bo tempo para poder realizar excursións e actividades ao aire libre. Cabe destacar a visita que se fixo recentemente ao Aquapark, grazas á colaboración e á axuda do Concello de Cerceda. A xornada foi do máis divertida e todas e todos non pararon de desfrutar e de divertirse nas atraccións acuáticas deste punto de lecer situado na mesma vila de Cerceda.