viernes, 21 de agosto de 2015



Andaina Pro Saúde Mental participa este verán no programa Actívate


 


Os usuarios e usuarias da asociación acudiron á praia de Corna, onde desfrutaron dunha xornada de ocio, na que ademais desenvolveron accións de limpeza e conservación do areal

21 agosto 2015 Os usurarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental están a participar este verán no proxecto de voluntariado xuvenil Actívate. Recentemente desenvolveuse unha acción de limpeza e acondicionamento na praia de Corna, na Pobra do Caramiñal. Alí recolléronse todo tipo de elementos contaminantes, como zapatos, tapóns, botellas, plásticos, botes, colillas, e todo tipo de envases. Non todo foi traballo, xa que ao grupo de voluntarios aínda lles quedou tempo de desfrutar dun bo baño e dun partido de voleibol.
     Subvencionados pola Dirección Xeral de Voluntariado e Xuventude, o programa Actívate ofrece a oportunidade de poder desfrutar de distintas actividades deportivas, medio ambientais, de ocio e tempo libre e culturais. Ao mesmo tempo, quérese achegar á sociedade  o coñecemento deste colectivo, e que sexan conscientes de que eles tamén son capaces de levar a cabo actividades e unha vida activa independentemente da súa condición psíquica.
     Con este tipo de iniciativas o programa Actívate  quere loitar contra o estigma que padecen en todos os aspectos socioculturais as persoas con algún tipo de trastorno mental, ademais de proporcionarlles unha participación activa en diferentes ámbitos da sociedade.
     Fomentar a participación en futuros ámbitos deportivos e culturais; incorporar hábitos de vida saudable; mellorar a condición física e a súa mobilidade; promover o interese e curiosidade cultural; aprender unha adecuada xestión do ocio e o tempo libre; aumentar as relacións sociais; utilizar e traballar as súas habilidades sociais; concienciar dunha participación activa no coidado do noso medio ambiente; compartir en igualdade de condicións os espazos, con perspectiva de xénero, son otros dos obxectivos fixados nas  bases deste programa.

No hay comentarios: