lunes, 28 de septiembre de 2015

Teatro, música e moito máis para conmemorar o quinto aniversario de Andaina Pro Saúde Mental






























Tivo lugar esta fin de semana en Ordes, outorgándoselle o título de socio de honor á Mancomunidade pola súa colaboración e axuda
28 setembro 2015 Andaina Pro Saúde Mental celebrou esta fin de semana o seu quinto aniversario. O punto de encontro para usuarios, familiares, voluntarios, directivos e todos os que se quixeron achegar a vivir esta xornada festiva foi o auditorio da casa da cultura de Ordes.
Para un día tan especial contouse coa participación do cantante ferrolán Miguel Alonso, que ofreceu unha mostra do seu repertorio. A continuación tivo lugar a obra teatral 'Romeo e Xulieta' unha adaptación realizada por Francisco Rey, actual responsable dos obradoiros teatrais que se levan a cabo na asociación. Ademais tamén se procedeu coa entrega de diplomas aos alumnos e alumnas dos cursos de 'Horticultura ecolóxica e elaboración de produtos realizados con mazá'.
A fundadora e presidenta de Andaina Pro Saúde Mental, Omaira Tuirán, tivo unhas palabras de agradecemento pero tamén de “ánimo e apoio para as familias que teñen algún caso de enfermidade mental”. Unha vez máis incidiu na importancia da normalización e desestigma e nas necesidades de apoio que teñen os máis achegados aos usuarios. Antes de rematar tamén tivo un especial recordo para Nando 'ese compañeiro e amigo que este ano nos deixou e que nunca esqueceremos”, manifestou.
Non foi o único recoñecemento da xornada. En representación da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, a concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ordes recolleu o diploma acreditativo de socio de honor. Un recoñecemento brindado pola colaboración e axuda brindadas dende o ente supramunicipal e que xa o ano pasado recaeu no Concello de Ordes. Susana García recoñeceu a súa satisfacción “por traballos e esforzos como os que Andaina vén realizando”, apostando por continuar “coa colaboración por parte do Concello de Ordes e das demais institucións da comarca para acadar logros e melloras que fagan a vida máis fácil a aquelas persoas que máis o necesitan”.

Para concluír convidouse a todas e todos os asistentes a unha gran merenda na que non faltou a sidra ecolóxica Andaina. 

jueves, 24 de septiembre de 2015

Andaina desfruta da beleza das Illas Cíes









25 setembro 2015 As Illas Cíes foi outro dos lugares que Andaina Pro Saúde Mental non deixaron de visitar este verán. Un día do que se desfrutou da praia, a natureza, o bo tempo e, ademais, dun divertido viaxe en barco. Varios andainos tiveron a oportunidade de contemplar un dos paraxes de maior beleza xa non de Galicia, senón de todo o mundo.



Andaina e Feafes visitan a illa de Ibiza


25 setembro 2015 Este ano parte das vacacións para os ususarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental tiveron lugar en Ibiza. Alí o pasaron en grande na compaña doutros moitos compañeiros pertencente a Feafes. Un lugar que están desexando volver a visitar para desfrutar dun dos lugares máis paradisíacos de todo o Mediterráneo.



Recollida de mazás para elaborar a Sidra Andaina










18 setembro 2015. De todos é sabido o ilusionados que estamos co noso proxecto de elaboración de sidra ecolóxica. Un traballo no que estamos involucrados e ao que lle dedicamos o noso esforzo e todo o tempo que podemos. Recentemente estivemos en Carcacía recollendo mazás para levalas ao noso almacén de Dodro. Alí empezaremos nos vindeiros días as tarefas de selección, limpeza, almacenamento e elaboración da sidra máis deliciosa que poidades probar. Este proxecto é posible en gran medida grazas á subvención ofrecida polos proxectos de inclusión social.

Por outra banda tamén nos achegamos ata o concello da Estrada para visitar outra plantación de maceiras e valorar a posibilidade de incluílas para facer zumes e sidra. Cantas cousas ricas e de gran calidade nos brinda a nosa querida terra galega!
Ensaios da obra teatral 'Romeo e Xulieta'





13 setembro 2015. O grupo de teatro de Andaina Pro Saúde Mental continúa cos ensaios da obra 'Romeo e Xulieta'. Un traballo co que desfrutamos enormemente e que en breve poderedes desfrutar en distintos escenarios. Seguro que vos vai gustar!
Tarde de relax en Santiago para o voluntariado do programa Actívate e os monitores de Andaina



06 setembro 2015. O grupo de voluntariado pertencente ao proxecto Actívate, subvencionado pola Xunta de Galicia, e os monitores de Andaina Pro Saúde Mental desfrutaron dunha tarde de convivencia. Santiago foi o punto de encontro onde ademais de paseos e charlas tamén houbo tempo para sentar nunha terraza e desfrutar dun café, que para iso tamén está o verán e o bo tempo!
Visita inesquecible a San Xusto













29 agosto 2015. Os usuarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental, acompañados de monitores, visitaron a parroquia de San Xusto de Toxos, no municipio coruñés de Lousame. Unha zona que destaca pola beleza e a riqueza paisaxística da súa contorna que todas e todos tiveron a ocasión de desfrutar grazas á ruta de sendeirismo realizada. Entre outros atractivos tamén se visitaron os restos do mosteiro de Toxos Outos, de grande importancia durante a época medieval. Un novo recordo que os participantes desta excursión non poderán esquecer.