jueves, 24 de septiembre de 2015

Andaina Pro Saúde Mental celebrará este vindeiro sábado o seu quinto aniversario


Terá lugar na Casa da Cultura de Ordes e estará aberto a todo o que queira asistir. Música e teatro para conmemorar o traballo desta asociación que ten como radio de acción o medio rural

24 setembro 2015 Este vindeiro sábado, 26 de setembro, Andaina Pro Saúde Mental celebrará o seu quinto aniversario. Unha celebración que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Ordes a partir das 17 horas e á que se poderá acceder de balde.
Nesta ocasión o grupo de voluntariado, monitores, directiva e usuarios e usuarias teñen preparado un espectáculo variado no que a música e a guitarra de Miguel Alonso abrirán o programa. Ademais Omaira Tuirán, fundadora e presidenta da asociación, ofrecerá unhas palabras e fará un repaso polas actividades e proxectos levados a cabo no último ano. Tamén se realizará a estrea da peza teatral Romeo e Xulieta. Un traballo dirixido polo actor Fran Rey, popular polo seu traballo no espazo televisivo Luar, e artífice do obradoiro de teatro que a asociación está a levar a cabo nos últimos meses.

Para concluír proxectarase un vídeo recordatorio deste último lustro protagonizado pola gran gran familia de Andaina, á par que se ofrece unha merenda a todas e todos os asistentes.

No hay comentarios: