miércoles, 21 de octubre de 2015

Obra teatral 'Romeo e Xulieta'

Nos últimos meses Andaina Pro Saúde Mental vén de incluir no seu programa de actividades o teatro. Os usuarios e usuarias puideron estrear recentemente Romeo e Xulieta. Unha adaptación na que se mestura a intriga e a comicidade grazas a esta nova versión asinada polo actor Francisco Rey, quen xa forma parte da noso grupo de voluntarios.

 

sábado, 17 de octubre de 2015

Andaina Pro Saúde Mental celebra a súa I Xornada de Teatro en Saúde Mental cun alto nivel de paticipación












Preto de media ducia de asociacións subíronse esta fin de seman as táboas para por de manifesto que o teatro tamén pode ser unha importante e produtiva ferramenta terapéutica
17 outubro 2015 A I Xornada de Teatro en Saúde Mental organizada pola asociación Andaina Pro Saúde Mental, a cal tivo lugar esta fin de semana, acadou un gran nivel de aceptación e participación. Un éxito que se reflexou no só no núemero de organizacións e compañías participantes senón tamén no público asistente. En xeral hai que falar de preto de media ducia de asociaicións e organizacións que non deixaron pasar por alto a oportunidade de por de manifesto o seu traballo, talento e esforzo sobre as táboas do escenario que se instalou no centro que Andaina PSM ten no concello de Dodro, para ser máis exactos no complexo da Paxareira.
O programa incluiu as pezas 'O cazo de Sabela' (Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña), 'Contos' (Asociación DOA), 'Ábrese o telón' (Albores), 'Microencontros' (Morea Show), 'Romeo e Xulieta' (Andaina Pro Saúde Mental).

O obxectivo desta xornada foi múltiple. Por unha parte compartir unha xornada lúdica e creativa na que superar os estigmas e prexuízos das enfermidades mentais mediante o contacto e o intercambio de experiencias e coñecementos entre monitores, monitoras, usurarios e usuarias de distintas asociacións. Por outra banda preténdese afondar e incentivar o emprego do teatro e a escenificación como ferramenta terapéutica e de desinhibición, mediante a cal por de publicamente de manifesto sentimentos, situacións e sensacións.

Ademais das asociacións e grupos citados hai que destacar a colaboración brindada pola Mancomunidade de Montes Balouta e Fontecova – A Paxareira Dodro, FEAFES Galicia e o Concello de Dodro.

lunes, 12 de octubre de 2015

XII SEMANA DA SAÚDE MENTAL 2015
CONSORCIO AS MARIÑAS

 
Con motivo da celebración o 10 de outubro do Día da Saúde Mental o Plan Coordinador de Servizos Sociais organiza, un ano mais, a Semana da Saúde Mental co obxectivo de visibilizar o traballo que se fai cos enfermos mentais e as súas familias tanto dende as distintas asociacións do entorno como dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas.
Este ano, o lema para este día é “Ponte no meu lugar. Conecta conmigo” , buscando unha maior empatía por parte do resto da sociedade cara a estas persoas. Un traballo no que todos os días poñen o empeño os Servizos Sociais dos concellos das Mariñas e as asociacións para facer da inclusión plena e efectiva deste colectivo en todos os ámbitos unha realidade e non solo un desexo.
 Na Semana da Saúde Mental, ademais dos distintos actos que se organizan en cada concello o Consorcio As Mariñas organiza distintos actos en dous días distintos.

MARTES - 13/OUTUBRO/2015
Torneo Triangular de Fútbol Sala. Polideportivo Municipal de Betanzos. 19:00 horas
Tres equipos, integrados por rapaces e rapazas con enfermidade mental, participan neste torneo de carácter non competitivo, no que todas as persoas participantes gañan. Nesta edición, ademais dos equipos do Consorcio As Mariñas e de APEM, participa un equipo da Asociación da Axuda o Enfermo Mental A Mariña de Lugo. Esta asociación resultou gañadora o ano pasado do I Premio Jose Luis Muruzabal por unha experiencia integradora destas persoas a través do deporte.
Como todos os anos, os veteranos do RCD Deportivo de A Coruña, amosando a súa solidariedade, colaboran neste partido reforzando os distintos equipos e integrándose neles como uns xogadores mais, o que resulta unha motivación extra para o resto dos xogadores.

XOVES - 15/OUTUBRO/2015
Mesa redonda e entrega do II Premio Jose Luis Muruzábal. Auditorio das Torres de Santa Cruz no Concello de Oleiros. 19:30 horas
O acto vaise dividir en dúas partes:
Mesa Redonda: “O ingreso non voluntario do paciente psiquiátrico”
Nesta mesa se abordará unha cuestión que preocupa moito ás familias e aos profesionais dos Servizos Sociais, a grave situación que se produce cando un enfermo psiquiátrico precisa dun ingreso hospitalario ante unha crise e non quere facelo.
Para tratar este tema participarán representantes do ámbito xudicial e do sanitario, ademais dun representante das familias e outro dos propios pacientes, co fin de coñecer en primeira persoa como o viven eles eses momentos. Unha visión fundamental nese obxectivo de empatizar co enfermo psiquiátrico e tratar de poñernos no seu lugar, como reza o obxectivo deste ano do Día da saúde Mental.

Entrega do II Premio Jose Luis Muruzábal
Con posterioridade á mesa redonda, Jose Antonio Santiso Miramontes, presidente do Consorcio As Mariñas, entregará o II Premio Jose Luis Muruzábal  experiencias innovadoras no ámbito da saúde mental ao proxecto gañador na edición deste ano. Este ano presentáronse un total de 6 proxectos, de distintos puntos da comunidade Autónoma, A Coruña, Lugo e Pontevedra, e abordando a integración dende o ámbito educativo, laboral, deportivo...
O proxecto gañador, ademais de recibir os 2.000 € cos que está dotado o premio, se presentará a toda as persoas que asistan ao acto, un aliciente mais para acudir a esta interesante convocatoria.
Dende o Consorcio As Mariñas e os nove concellos que o integran seguimos a amosar o compromiso coas persoas con enfermidade mental e as súas familias, un compromiso que se fai realidade todos os días do ano co traballo desenvolto dende o Gabinete de Inserción Sociolaboral e as accións formativas e de inserción laboral que se levan a cabo polas técnicas de inserción e as preparadoras laborais que traballan neste dispositivo.
Andaina Pro Saúde Mental celebra este venres 
a I Xornada de Teatro de Saúde




Terá lugar no salón teatro do complexo da Paxareira, no concello de Dodro. En total subirán a escena cinco asociacións de axuda aos enfermos mentais, chegadas de distintos puntos de Galicia 
 
13 outubro 2015 A Asociación Andaina Pro Saúde Mental ten organizado para o vindeiro venres, 16 de outubro, a I Xornada de Teatro en Saúde Mental. Unha cita que se desenvolverá no salón situado no centro que a asociación ten no complexo da Paxareira, no municipio de Dodro, dende as 11 ata as 19 horas.
O programa previsto inclúe as representación de 'O cazo de Sabela' por parte dos usuarios e usuarias da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña; 'Contos', a cargo da Asociación DOA, na que a improvisación e a elaboración dos textos partindo das personaxes e escenarios son o máis importante; a parte máis cómica e divertida virá da man do grupo da asociación monfortina Albores coa obra 'Ábrese o telón', na que utilizan os chistes como punto de arranque; Morea Show convidará a todas e todos os asistentes a xogar ó poker das emocións a través de 'Microencontros', unha serie de escenas inconexas que convidan á reflexión; para pechar o telón Andaina Pro Saúde Mental ofrecerá 'Romeo e Xulieta', unha versión de Francisco Rey, recentemente estreada con gran éxito na celebración do seu quinto aniversario.
Con todo isto preténdese, por unha parte, compartir unha xornada lúdica e creativa na que superar estigmas e prexuízos baseados nas enfermidades mentais, mediante o contacto e o intercambio de experiencias e coñecementos entre monitores, monitoras, usurarios e usuarias de distintas asociacións. Por outra banda preténdese afondar e incentivar o emprego do teatro e a escenificación como ferramenta terapéutica e de desinhibición, mediante a cal por de publicamente de manifesto sentimentos, situacións e sensacións.
Ademais das asociacións e grupos citados hai que destacar a colaboración da Mancomunidade de Montes Balouta e Fontecova – A Paxareira Dodro, FEAFES Galicia e o Concello de Dodro.

martes, 6 de octubre de 2015


Andaina Pro Saúde Mental completa a súa peregrinaxe polo Camiño de Santiago







06 outubro 2015 Usuarias e usuarios de Andaina Pro Saúde Mental, así como algún que outro monitor, realizaron nos últimos días o Camiño de Santiago. Unha peregrinaxe que realizaron conxuntamente cun amplo grupo de integrantes de diversas asociación da Feafes. O día da súa chegada a Compostela contaron cunha recepción oficial no mesmo Concello de Santiago, ademais de ser convidados a unha mariscada no establecemento Mariscomanía. Todas e todos eles desfrutaron e viviron esta experiencia dun xeito divertido e dinámico, e xa están desexando repetila o antes posible.


viernes, 2 de octubre de 2015

Andaina Pro Saúde Mental e Feafes
realizan o Camiño de Santiago










02 outubro 2015 Ao longo dos últimos días usuarios e usuarias de Andaina realizaron o Camiño de Santiago. Concretamente partiron da localidade de Salceda, completando o traxecto no día de hoxe. Non foron os únicos, xa que formaban parte dun grupo composto por 40 persoas, todas e todos eles integrantes de Feafes. Ademais, unha vez chegados a Compostela foron convidados a un xantar no establecemento Mariscomanía, situado na Praza de Abastos.