sábado, 17 de octubre de 2015

Andaina Pro Saúde Mental celebra a súa I Xornada de Teatro en Saúde Mental cun alto nivel de paticipación












Preto de media ducia de asociacións subíronse esta fin de seman as táboas para por de manifesto que o teatro tamén pode ser unha importante e produtiva ferramenta terapéutica
17 outubro 2015 A I Xornada de Teatro en Saúde Mental organizada pola asociación Andaina Pro Saúde Mental, a cal tivo lugar esta fin de semana, acadou un gran nivel de aceptación e participación. Un éxito que se reflexou no só no núemero de organizacións e compañías participantes senón tamén no público asistente. En xeral hai que falar de preto de media ducia de asociaicións e organizacións que non deixaron pasar por alto a oportunidade de por de manifesto o seu traballo, talento e esforzo sobre as táboas do escenario que se instalou no centro que Andaina PSM ten no concello de Dodro, para ser máis exactos no complexo da Paxareira.
O programa incluiu as pezas 'O cazo de Sabela' (Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña), 'Contos' (Asociación DOA), 'Ábrese o telón' (Albores), 'Microencontros' (Morea Show), 'Romeo e Xulieta' (Andaina Pro Saúde Mental).

O obxectivo desta xornada foi múltiple. Por unha parte compartir unha xornada lúdica e creativa na que superar os estigmas e prexuízos das enfermidades mentais mediante o contacto e o intercambio de experiencias e coñecementos entre monitores, monitoras, usurarios e usuarias de distintas asociacións. Por outra banda preténdese afondar e incentivar o emprego do teatro e a escenificación como ferramenta terapéutica e de desinhibición, mediante a cal por de publicamente de manifesto sentimentos, situacións e sensacións.

Ademais das asociacións e grupos citados hai que destacar a colaboración brindada pola Mancomunidade de Montes Balouta e Fontecova – A Paxareira Dodro, FEAFES Galicia e o Concello de Dodro.

No hay comentarios: