jueves, 3 de diciembre de 2015

Andaina PSM conmemora o Día Internacional da Discapacidade coa comunidade educativa de Ordes
  
 
 


A casa da cultura acolleu a preto detrescentas persoas que acudiron para ver a representación teatral de 'Romeo e Xulieta' a cargo dos nosos usuarios e usuarias
3 decembro 2015. O Concello de Ordes celebrou o Día Internacional da Discapacidade con teatro e rodeado dos alumnas e alumnas dos institutos Número 1 e Maruxa Mallo.  
     Todas e todos eles encheron o auditorio da casa da cultura deixándoo pequeno co fin de desfrutar da representación teatral de ‘Romeo e Xulieta’. Unha adaptación do dramaturgo e actor Francisco Rey, da que tamén desfrutaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, que acudiu acompañado das concelleiras Ana Soneira e Susana García, esta última responsable da área de Diversidade Funcional. 
     Unha cita que se desenvolveu paralelamente á actividade informativa e de concienciación que a asociación está a desenvolver nos institutos do municipio, a través de charlas e encontros nos que se lles achega aos estudantes a realidade das persoas que padecen algún tipo de enfermidade mental. 
Curso de habilidades sociais 
Por outra banda tamén destacou o traballo dos mozos e mozas do curso de habilidades sociais que se desenvolve no Mesón do Vento, que se encargaron de realizar o escenario da representación teatral, así como os agasallos conmemorativos que se lles entregaron aos representantes institucionais e aos centros académicos do municipio.
      Tal e como se informou na apertura do acto no Concello de Ordes (13.000 habitantes) rexistráronse 130 persoas con esquizofrenia e 65 casos de trastornos bipolares. Ademais estipúlase que un total de 3.250 persoas padecerán algún tipo de trastorno mental ao longo da súa vida. Se extrapolamos estas cifras á Mancomunidade de Ordes (39.000 habitantes) habería que falar de 390 casos de esquizofrenia, 195 bipolaridades e 9.750 persoas con algún trastorno ao longo da súa vida.